con tecto

Esforzo enciclopédico

Xos_Ramn_Penass
photo_camera Xosé Ramón Pena

A Historia da literatura galega de Xosé Ramón Pena abrangue dende a idade media aos días de hoxe, aínda por tratar, un empeño verdadeiramente titánico

Agora que xa non se levan as enciclopedias, en papel (mais ninguén me tirará o pracer de contar coa “Britannica”, en papel, desde logo, na que entro e saio coa meirande familiaridade), semella espectacular, ¡homérico!, vid, “O home calmo”, de John Ford, o empeño de Xosé Ramón Pena, de codificar a Literatura Galega. Palabras maiores, e só os ignorantes (e aforro os epítetos que Pondal adica no noso “Himno” aos que nos miran de esguello ou, directamente, non nos miran) poden minimizar semellante proceso, en construcción, sempre e cando a lingua –lástima fora- non termine por afastarse de nós (ou nos dela). No interín fique esta obra monumental, xa no seu cuarto tomo, o que teño diante miña, como mostra do que se pode, e debe, facer para sistematizar un asunto tan serio. Que nos trae do Medioevo aos días de hoxe, aínda por tratar pola banda de Pena. O que ve a luz agora é o volume IV. Que abarca de 1936 a 1975, baixo do épigrafe A “longa noite”. Alusión esta última ao poeta de Celanova, Celso Emilio Ferreiro, quen en 1962 publicara, precisamente, “Longa noite de pedra” (Galaxia). Aínda que terían de pasar uns anos para que mudase, por mor da edición bilingüe, galego-castelán, no “long-long seller” que segue a ser.

Loxicamente CEF ocupa lugar sobranceiro neste tomo, como Cunqueiro (entre ou dous houbera desencontros), Díaz Castro, Iglesia Alvariño, Novoneyra, Manuel María e “tutti quanti” mantiveron ergueita a bandeira da literatura galega en tempos pouco doados. Tanto que na posguerra primeira, a dos corenta, será no exterior onde calle a resistencia cultural ao franquismo, ben estudada por Pena. Logo virá a segunda posguerra (a dos cincuenta, coa benemérita Galaxia no cerne, e a figura de Ramón Piñeiro como vencelledor) e as cousas comezan mudar. O que non quita que o chamado Aparicio López ameazara en “Pueblo”, a propósito de Piñeiro e quen escribían de choios filosóficos en galego: “…había que traerles a Madrid por las buenas o por las malas, para que tonifiquen su sistema moral y su sistema nervioso”. Isto, a xénese de todo isto, o seu desenrolo, está neste tomo exemplar un anel importante nun proceso imparable (sempre que os galegos respondan; teñen, temos,  palabra)s.

Te puede interesar