Javier Otero Neira e Adrián Solla estrean "Seimeira", unha nova ollada a Galicia

"Seimeira".
photo_camera "Seimeira".
“Traballamos moi a gusto xuntos, non sempre pasa, pero neste caso, o noso bo rollo a nivel persoal tamén se traduce no estudio e no xeito de componer”, explica Javier sobre a nova obra do dueto, "Seimeira"

Javier otero Neira e Adrián Solla estrean “Seimeira”, un tema con claras influenzas da música popular galega onde estes dous músicos combinan os sons do piano, os sintetizadores e a electrónica máis actual para crear un universo sonoro no que ambos conflúen de maneira orgánica. “Traballamos moi a gusto xuntos, non sempre pasa, pero neste caso, o noso bo rollo a nivel persoal tamén se traduce no estudio e no xeito de componer”, explica Javier sobre a novidade. 

Así, o pianista estradense, que ven de estrear o seu proxecto “Xogo de Espellos” coa Real Filharmonía de Galicia, xúntase co músico e produtor e pianista pontevedrés Adrián Solla. Das ideas xurdidas nun encontro, os dous músicos tiñan claro que podería saír un primeiro tema, “Seimeira”, que marcaría o camiño da construción dun proxecto discográfico futuro. 

Xa lanzaron un single xuntos, que máis podes agregar ao xa coñecido?

O nexo comun de todos os temas está relacionado non so coa música galega senon en xeral coa cultura do noso país. Dende o primeiro momento tivemos claro que o que íamos facer tiña que ver coa nosa música. Eso sí, levámolas ao noso terreno creando un son novo tal e como nós a sentimos na actualidade, sen perder cada un a súa identidade.  

Consideras que grazas á fusión coa electrónica e a utilización de recursos como os sintetizadores a música popular galega ten un rexurdir?

A música popular galega ten a sua estética, nós simplemente facemos o que nos apetece coas nosas composicións, con rasgos típicos da nosa cultura, coas novas tecnoloxías e tratamos de levar a nosa música a unha escea onde poidamos tocar e expresarnos co noso proxecto tal como nos xurde tanto no estudio como no directo. Pode ser que a nivel xeral a nosa música estea agora máis presente en festivais ou salas onde antes era máis difícil, pero os artistas galegos sempre tiveron para nos unha grande calidade, que non sempre coincide cos gustos dos programadores ou do público en xeral. 

Como xurdiu a vosa comuñón?

Despois de falar varias veces sobre levar a cabo o proxecto, fixemos unha quedada a principios de ano e empezamos a improvisar e a elaborar ideas, logo cada un no seu estudio vai actualizando o arranxo dun proxecto compartido online, debido a distancia: A Estrada/Madrid. Deste xeito imos pintando un cadro conxuntamente, segun o noso criterio. Xa dende o primeiro momento traballamos moi a gusto xuntos, non sempre pasa, pero neste caso, o noso bo rollo a nivel persoal tamén se traduce no estudio e no xeito de compoñer. 

Te puede interesar