Maneiro, o “Satanasiño”

El artista Maneiro.
photo_camera El cantate y compositor Maneiro.
Maneiro dará a coñecer “Un bonito despertar” en sete localidades galegas, entre as que se atopa Ourense, cun show no Teatro Principal o domingo 4 de febreiro. O cantante e compositor que se fixo popular con Heredeiros da Crus presenta o seu cuarto disco dunha carreira solista a través da que exterioriza os seus máis íntimos sentires. “Necesito sacar o ‘satanasiño’ que levo dentro”, afirma

Despois da presentación oficial que tivo lugar o pasado mes de xuño en Santiago, o cantante poderá compartir co seu público os temas dun disco sucesor de “Furtivos” (2017), “Acaricia mis arrugas” (2019) y “Palabras de un desconocido” (2020) no que asume tanto a autoría da música coma das letras, acompañado sobre o escenario por Manu Rey (batería), Pachi Cruz (baixo), Rubén Cores (guitarra), Fernando Calvo (guitarra) e Iria Iglesias (teclados).

A ilusión e a expectativa de Javi Maneiro respecto destes shows exceden ás actuacións en si. Marcan o seu regreso activo a escena tras un accidente cerebro vascular que o mantivo afastado dos focos durante unha longa tempada.

Como se fai para repartirche entre Heredeiros da Crus e unha carreira solista na que entre 2017 e o presente editaches catro discos? Que che move a ser tan prolífico a nivel compositivo?

A verdade é que cando fago música estou no meu mundo. Aí síntome moi a gusto, son enormemente feliz. Intento ser organizado e que os plans salgan ben, pero iso casi nunca ocurre. Así que, como fillo de mariñeiro, hai que aprender a bojar en calma chicha e con vento en contra. Teño moi claras as caras da moeda, cando todo ou cando hai que nadar. Con Heredeiros hai un camiño feito xa, que labramos con moito esforzo e do que disfruto en directo moitísimo, pero a nivel persoal necesito sacar o “satanasiño” que levo dentro. Non todos os demonios son malos, o meu non para de sacudirme a cabeza con letras que non terían cabida nunha liña recta.

No verán 2022 sufriches un accidente cerebro vascular arriba dun escenario. Cambiouche a nivel persoal e profesional? Como vives a túa volta á escena e o teu reencontro co público?

O corpo pide jerra son de porto bravo, pero frenoume en seco. Levaba neumáticos de mollado, tiven moita sorte; aljen pideu por min. A nivel persoal cambiou todo, se gozo dunha segunda oportunidade a palabra clave é “calma”. No profesional estou preparándome para estar máis en forma no físico e no mental. Estou desexando volver a subirme os escenarios pra cantar e disfrutar como di Leiva. Soy un yonky del tocino y de la velocidad.

Te puede interesar