Moda

Moda nas mans

Anala Nails&Lashes
photo_camera Anala Nails&Lashes
Deseños únicos e moi coloridos nas unllas, unha parte das mans que ten ido gañanado un gran protagonismo como complemento estético

Rocío González é a responsable do centro de estética Anala Nails&Lashes. dende o centro de ourense realiza deseños únicos e moi coloridos nas unllas, unha parte das mans que ten ido gañanado un gran protagonismo como complemento de moda.

Como naceu a túa relación co mundo da estética e en que momento decidiches convertelo nunha opción laboral?

Dende nena tíñao claro, que tanto maquillaxe e manicuras era o que máis me gustaba facer. Tardei en formarme por temas persoais, pero se algo sabía era que me ía adicar a isto, tarde ou cedo.

Parece que nos últimos tempos as unllas teñen ido cobrando un gran protagonismo. de que xeito ten ido evolucionando desde que empezaches?

Pois moito, tanto a nivel creativo como a nivel académico. Hai anos era moi difícil atopar formación exclusiva na manicura, hoxe temos formadoras boísimas e constantemente en renovación. 

Como a tódolos aspectos relacionados co mundo da moda, tamén aquí inflúen as tendencias. cales son as principais de hoxe en día?

Está a cobrar protagonismo a decoración nas unllas, cada vez hai máis demanda. E nas xente máis xoven a súa referencia é a cantante Rosalía (risas).

Tal como apuntas, temos visto a cantantes moi famosas e personaxes de moda lucindo grandes deseños nas súas mans. quen dirías que marca estas tendencias estéticas?

Eu penso que ninguén marca a tendencia, é un tema moi persoal e cada un no seu estilo e gusto. Como dixen anteriormente aínda que hoxe se fale moito das unllas de Rosalía, non para todo o mundo son do seu agrado. Eu sigo a ter clientas cun estilo clásico, que non renuncia a el.

Neste sentido, Como se reciben as tendencias en Ourense? Que tipo de clientes tes e con que tipo de deseños se atreven?

Ourense é unha cidade clásica, pero pouco a pouco vanse atrevando con algun deseño aínda que sexa discreto.  Teño moita variedade de clientela, dende adolescentes ata señoras, algunhas déixanse facer e confían no que eu estea ese día inspirada e outras teñen as ideas claras (risas).

Os profesionais que vos dedicades a este mundo, ó final tedes que crear arte nun lenzo tan pequeno como é unha unlla. cal dirías que é a principal dificultade que presenta o teu traballo? 

Todos os traballos teñen a súa dificultade. As unllas son unha arte e merecen moito tempo e práctica, formación e gañas. 

E ata que punto se poden converter nun gran complemento para calquera look?

Xa son un complemento de moda. 

Máis alá das mans, no teu centro tamén traballades as pesatanas. tamén neste apartado parte existen as tendencias?

Por suposto. Hai unha gran variedade nas pestanas tamén e inflúe no tipo de curvatura, na lonxitude e no espesor. Aquí tamén vai segundo o estilo da clienta, que se ve reflectido nas pestanas.

Para que tome nota a xente, cales son os principais consellos a seguir para coidar as pestanas?

Para manter as pestanas coidadas o importante é peinalas todos os días, non usar productos con base de aceite e, por suposto, non arrincalas.

E os principais consellos para coidar as unllas na casa?

Non arrincar nin o esmalte nin a unlla esculpida se fose o caso. Sempre que se queira retirar o producto é moi importante acudir a unha profesional. Este é un dos principais problemas que adoito atopar no meu centro.

En canto ó futuro, que nos agarda nos vindeiros meses en canto á tendencia das mans?

Oxalá soubera o que nos espera...

Te puede interesar