La Revista

Sabina barroco

La Revista

LA REVISTA

Sabina barroco

Non é que Joaquín Sabina sexa, precisamente, un compositor, moito menos un cantante (as súas limitacións son cada vez máis obvias) esaxerado. O seu é dunha sinxeleza, mesmo dunha pureza, elemental, tanto como esta cantiga, asinada por Milanés e Sabina, que se chama Canción de primavera, e que estou escoitando agora

Logo de ter lido o libro de Julio Valdeón, vallisoletano residente en Nova York, que se ocupa da vida e máis da obra deste nachiño de Úbeda, que sempre soubo que desexaba ser cantante, despois de descartar a idea de mudar nun profe de instituto, escritor en fins de semana dunha novela que tivese ocupada durante moitos anos á crítica.

Mais para chegar o que é hoxe, un ídolo de masas en España e América latina, o Sabina tivo de aturar mágoas, mesmo un primeiro disco, Inventario, do que o seu autor fachendea dos cartos que leva gastados na súa merca e destrucción. Ou sexa, que estamos diante dun señor moi perfeccionista que muda de acompañantes e productores decote na procura da beleza. Ou, cando menos, a beleza “segundo Sabina”. Que non é calquera cousa, senón un invento que se nutre de literatura (por Valdeón, no seu libro, “vademécum” imprescindible para sabinianos e sabinitas como hai dylanianos e dylanitas, sabemos dun Sabina lector incansable, amante de primeiras edicións) e, por suposto, de músicas dispersas (cal o grupo aquel da Barcelona setenteira, cando Sabina “londoneaba”)

O libro de Valdeón, eis unha das súas grazas, deseña un percorrido biográfico (cheo de luces e sombras, ¿quen non?) en paralelo coa deriva artística dun que ía para folkie mais que axiña botou a tanza no río do rock. Un pouco, para entendermos, como se fixera de Dylan este menda que declara en Lo niego todo non ser “el Dylan español”. Nin falla que fai. Dylan tan só hai un. E Sabina, o mesmo.

O único que se Princesa é debedora de Like a rolling Stone moitos dos temas dylanianos veñen dese río cultural incesante. No que todos bebemos. Valdeón, tamén, lástima fora, e o seu libro peneira tamén contidos doutros, incluida a vida de Sabina, toda unha novela. Valdeón pecha o seu volume cunha entrevista ao cantautor. Magnífico broche a un tratado de soles e sombras, moi ben prologado por Javier Rioyo.

Más en La Revista

La Revista

“Aves de presa”

La presencia de Margot Robbie es lo único relevante de una cinta que se obceca en un mensaje de empoderamiento femenino que no aporta nada al…