PLAYLIST

Sons of Exodus: cruzada por Galicia

Sons of Exodus
photo_camera Sons of Exodus
Co clip da reivindicativa canción “Loitaría” recentemente estreado, Sons of Exodus anuncia un show en streaming para o 18 de maio e outro en directo para o 29 de xuño no festival Retella de Ponteceso, na Coruña

A escasos dous meses de lanzar o seu disco “Cazabruxas”, Sons of Exodus estrea o video de “Loitaría”, unha das cancións máis escoitadas polo seu público seica polo seu tenor reivindicativo tanto para a Galicia do século XII na que transcorre o relato como para a de hoxe. E “que a cultura galega non morra” é a reivindicación de Carlos Cernadas (Rianxo, 1988), o mentor dun proxecto que, a ritmo de música celta e rock duro, fai foco na historia de Galicia.

Acaban de estrear o clip de “Loitaría”, unha canción de ton reivindicativo, que anima a perseguir os propios desexos sen ter medo “a arder nas piras das loiadas”. Se cambiamos o contexto do século XII durante o goberno do poderoso arcebispo Diego Xelmírez no que transcorre o relato, polo mainstream da música do século XXI. Como é a loita de Sons of Exodus?

Para nós a loita é cantar en galego, falar da historia de Galicia, colaborar con músicos galegos e fusionar a música tradicional co rock que tanto amamos, e esperar que isto teña repercusión e que axude a que a cultura galega non morra. A globalización trouxo algo moi bo como a conexión cultural entre pobos e crear situacións nos que a convivencia é a única saída posíbel, pero ao mesmo tempo algúns lugares comezan a perder parte da súa identidade e é a labor dos artistas axudar a que iso non pase. Desafortunadamente, e quitando algunhas excepcións, a música mainstream porta cada vez mensaxes maís banais, é unha cadea de comida rápida que se consume con moita intensidade para pronto caer no olvido. As novas xeracións consumen cancións de maneira distinta e non aprecian a música en directo. As redes socias provocan un fenómeno no que un concerto se convierte nun show de personalidades cando tería que ser un momento para disfrutar ou descubrir música.

Están a traballar nun audio libro, como xurdiu a idea deste proxecto?

Vivimos na era do Tik Tok, dos podcast e dos reels de YouTube. Publicar un libro é moi romántico pero a día de hoxe se non te subes ao carro tecnolóxico, como banda emerxente estás perdido. Para xerar máis contido en redes e aproveitar para crear unha experiencia nova para os nosos seguidores, decidimos que imos contar os relatos, xa publicados na páxina web e nos libretos dos discos, usando o formato do audio libro, que nos permitirá engadir unha banda sonora orixinal e ilustracións que presentaremos nas redes e en YouTube. Facer discos conceptuais é parte da nosa identidade, e esperamos que con estas historias que transcorren en Galicia, atraiamos interese dos xóvenes pola cultura galega.

Te puede interesar