BANDA GALEGA

The Rapants, a máquina do bo rollo

The Rapants presenta o seu novo disco.
photo_camera The Rapants presenta o seu novo disco.
Co su terceiro disco “La máquina del buen rollo”, The Rapants inicia unha tempada de concertos que demostra que Matías, Samu, Xanma e Xaquín empatizan máis que nunca cun público que necesita un impasse de divertimento

Shows esgotados en minutos e presenza protagónica nos principais festivais do verán, incluíndo o Ourensoundfest, que traerá ao grupo de Muros a Ourense o venres 24 de maio.

Esgotaron en 15 minutos as entradas para a presentación de “La máquina del buen rollo” na sala Capitol o 23 de marzo, agregaron unha data para o 24 e teñen actuacións en festivais como EmigraSON, Ourensoundfest, Portamérica ou Sorrías Baixas. Como viven tamaña repercusión?

Non somos moi conscientes de todo ese boom que se xerou nos últimos meses. Si que percibimos moitisimo apoio do noso público, e estamos súper contentos con iso, pero a felicidade é puntual os días que fixemos sold out, cando chega unha candidatura finalista a algún premio, ou vamos pechando novas datas. Nos momentos previos a saída do disco esa tolemia ocasionanos máis presión e responsabilidade que alegrías, xa que somos moi autocríticos e queremos responder a todo ese amor dos fans e a industria sendo os mellores Rapants da nosa historia.

Se “Ou corasón como un after” era unha oda discotequera, co “Blaster w4u” van aínda máis lonxe e renden homenaxe a unha discoteca en si. Que tantas vivencias persoais envorcan nesta canción?

Afrontamos a vida sempre cun sorriso, amamos a música e empregámola como terapia para sobrepasar os males do día a día. Por iso as novas cancions, aínda que as veces críticas, evocan temáticas amorosas de corte tráxico cun contrapunto animado e discotequero na composición instrumental. Cando as cousas van mal, encendemos os neíns e subimos o volumen para bailar en Blaster, o Xeixo, ou en O son do Camiño se é necesario.

A sociedade en xeral e a mocidade en particular, viven un presente non moi promisorio; cren que pode estar na proposta de festa a empatía cun público que necesita escaparse por un intre da crúa realidade?

Esa é a nosa filosofía. A nosa xeración vive dunha maneira moi precaria. Parafraseando a Grande Amore “nadie ten un piso, nadie ten traballo, e dentro de nada imos ter 30 anos”. A diferencia de unha postura máis combativa que respetamos, nós queremos ser a máquina do bo rollo, que o público se suba durante os nosos concertos ou escoitandonos en plataformas, para evadirse de todas esas angustias e disfrutar por un momento.

Te puede interesar