CON TEXTO

Vello novo Dylan

20170426180846262_result

Soamente un suxeito tan imprevisible, cal é o cantautor de Duluth (Minnesota), onde non hai parafernalia ningunha que o lembre (nin penso que teña meirande interese nela), podía gravar un disco (triple, ademais) como o que teño nos meus oídos últimamente

Soamente un suxeito tan imprevisible, cal é o cantautor de Duluth (Minnesota), onde non hai parafernalia ningunha que o lembre (nin penso que teña meirande interese nela), podía gravar un disco (triple, ademais) como o que teño nos meus oídos últimamente. Podía facelo sen que ninguén rache as vestes. Básicamente porque Bob Dylan xa ten todo o peixe vendido e os dylanitas aceptan (aceptamos) canto veña del, así un disco con temas tan “standard” que xa estaban no repertorio dun “crooner” cal Frank Sinatra.  E se os dylanitas ímoslle dar a benvida a canto nos veña de Bob “Esponxa”, os contrarios ou os indiferentes (a estes quero recomendarlles que se fagan con Blonde on Blonde, o séptimo disco dylaniano, e se cadra o seu cumio, tamén, se callar, do rock en xeral) non sentirán grande cousa.

Pouco diante deste disco cantado por un home con voz ferruxenta (menos que a do Sabina) que ousa poñer o seu rexistro en temas como Stormy Weather, September Of My Years e –isto son palabras moi que pero que moi maiores- As Time Goes By. Porque cantar o tema central de Casablanca, e gravalo, demostra que Dylan segue a ser o nacho impensable que retrata Suze Rotolo, a súa musa por definición, en A freewheelin´ time, libro aínda por traducir nestes eidos. O home que logo de ter probado o folk, o folk-rock, o rock, o country, o góspel e, sempre, o blues, volve mostrar (agora por partida triple) nun disco chamado, xustamente, Triplicate que pode tamén coa canción melódica dos anos corenta.

Sen precisar, tampouco, dunha “big band”, senón cun mangado de músicos de estudio maxistrais, para petiscar, con “swing”, en cancións que, ademais de Sinatra, xa cantaran Ray Charles, Sarah Vaughan, Ella Fitzgerald ou Billie Holiday. Ora, se cadra non fai falla dicir que Dylan é un dos compositores máis versionados da historia da música lixeira. Blowín´ in the wind, a quinta canción con máis versións (Yesterday, de Paul Mc Cartney, a primeira). E pois Dylan é un “totum revolutum”: cantante, músico, letrista, poeta, novelista, ensaísta, pintor, escultor e –últimamente- oleiro, compre dicir que el é tamén o Jack Frost productor do disco. Para as palabras introductorias contou co escritor Tom Piazza. Un de quen si se fía. 

Te puede interesar