ENTREVISTA

Xulio Iglesias, vocación solidaria

Xulio Iglesias, en la puerta de Salesianos (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Xulio Iglesias, en la puerta de Salesianos (ÓSCAR PINAL).
Sacerdote salesiano, director da Asociación Amencer, pero sobre todo, un ourensano comprometido coa xuventude da súa cidade.

Naceu na Ponte e aínda é dos que din “imos Ourense” cando cruza o Miño dende o seu barrio. Antigo alumno dos Salesianos, decidiu facerse membro da orde e estudou en León, Valladolid, Santiago e Madrid. Na capital estudou na Complutense Pedagoxía e Filosofía e na Pontificia Teoloxía Pastoral, unha longa formación tanto académica como pastoral que foi compatibilizando coa docencia por diferentes centros ate que en 1994 chegou a Ourense. Amencer, a Asociación Xuvenil e de Tempo Libre dos salesianos na cidade é onde desenvolve a súa gran vocación e paixón polo mundo da mocidade.

1. ¿Por que decidiu facerse salesiano?

O mundo hai que melloralo, hai que implicarse e eu vin que unha das formas de implicarse era facéndome sacerdote salesiano. Estudiei aquí en Salesianos e descubrín o mundo da mocidade e creo que para transformar o mundo a liña máis forte é a educación. Ilusioneime neste aspecto. Fun alumno, comprobei que era un estilo que me gustaba moito porque é moi de alegría de familiaridade, moi de entrega, de estar xuntos mozos con educadores e decidinme. 

2. ¿Había diferencia, con respecto a colexios doutras ordes relixiosas, daquela?OURENSE (COLEXIO SALESIANOS). 20/12/2019. OURENSE. Retrato de Xulio Iglesias, de la asociación Amencer (Salesianos), para La Revista. FOTO: ÓSCAR PINAL

Fundamentalmente ese compoñente festivo da educación fóra das aulas. Máis alá da formación. Se coidaban moito as festas, o deporte, o teatro, a música. Se coidaba a relación fóra da aula, o colexio sempre estivo aberto, viñas os fins de semana a xogar, quedabas aquí cos amigos e compañeiros e había un montón de actividades que hoxe se chaman extraescolares que eran moito máis libres e si que favorecían moito o contacto cos educadores, que si que marcou un estilo. 

3. ¿Cómo era a vida no colexio cando vostede estaba aquí como escolar?

Moi distinta á de agora. Cando eu estaba aquí era a época dura da emigración, no ano 1975, eu estaba en oitavo de EXB. Éramos 5 clases de 45 alumnos de oitavo, todos varóns, porque daquela non era mixto e deses cinco cursos dous e medio eran internos, de rapaces que tiñan os pais en Francia, en Suiza, en Alemania, e eran dos pobos, do rural, porque non había institutos nas vilas, e estaban aquí todo o día. Por eso tamén aquí había cine, un deses cines grandísimos, había actividades lúdicas de fin de semana. Nunha época na que non había oferta ampla de tempo libre, o colexio brindaba actividades, e era un foco de deportes, de música, etcétera.

4. Ourense non foi o seu primeiro colexio como docente. ¿En que outros centros estivo antes de instalarse aquí?

Si. Cheguei a Ourense no ano 1994. Pedín vir aquí porque miña nai estaba enferma. Pero antes xa dera clase en Vigo, 3 anos, en Cambados, logo fun á mili, que a fixen na Liña da Concepción, o lado de Xibraltar, durante dos cursos, en 1985 o Ano Internacional da Mocidade e 1986, Ano Internacional da Paz, e como a rematei o 28 de febreiro quedeime alí no colexio ate o verán.

5. ¿De que daba clases, daquela?

De Xeografía e Historia, Relixión, din algunha vez de Traballos Manuais, que así se chamaba entón. Pero sempre din Xeografía e Historia, que era para min o gran hobby e agora sigo dando, ó igual que Relixión, dende primeiro da ESO ate Bacharelato.

6. Entón, Amencer ¿É a súa segunda actividade?

En realidade é a máis importante. Eu estou aquí por Amencer. É certo que o meu traballo é a docencia no colexio, porque a miña participación en Amencer é totalmente altruísta. Non gaño nada pola miña responsabilidade en Amencer, pero é a miña razón de ser e de desenvolver a miña vocación.

7. ¿Que é Amencer?

É unha asociación xuvenil e de tempo libre. A nosa función é animar e acompañar. Hoxe en día, a nivel eclesial se fala moito de sinodalidade, que é camiñar xuntos, ou a nivel civil de participación xuvenil. Pois esa faceta, xa sexa en clave eclesiástica ou en clave civil, Amencer sempre a tivo. Porque é un soño. Do que podo presumir en Amencer é dos números dos proxectos: a 33 operación Quilo, 33 Campamento Urbano, 19 Bosco Music, por poñer algúns exemplos. Eso quere dicir que hai 33 anos houbo mozos que soñaron con poñer en marcha un campamento urbano ou a Operación Quilo e traballaron, ou 19 anos no seguinte proxecto, ou 13 noutro... Aí e onde se descubre que Amencer non é unha persoa, non é un equipo, senón un montón de xente que está debaixo, que ten ilusión, hai adultos que lle facilitan levar a cabo esa ilusión, e seguen adiante. 

8. Imaxino que, ademais de estar de cheo dedicado a Amencer, e á docencia, tamén oficia misa.

Así é. Na parroquia de María Auxiliadora, todos os domingos ás 12, en galego. Somos unha das poucas parroquias que oficiamos en galego e eu persoalmente hai moito tempo que tomei a decisión de defender o galego como medio de expresión, consciente tamén de que vivimos nunha sociedade bilingüe e loxicamente me adapto. Cada vez hai mais xente que ven procedente de Iberoamérica, por exemplo.Os idiomas nunca deben de ser fronteiras.

9. É un feito que se produce dende hai xa algunhas décadas que cada vez hai menos sacerdotes. ¿cómo se encara ese problema?OURENSE (COLEXIO SALESIANOS). 20/12/2019. OURENSE. Retrato de Xulio Iglesias, de la asociación Amencer (Salesianos), para La Revista. FOTO: ÓSCAR PINAL

Falo con mozos, aquí en Amencer, no colexio, e sei que hai moitos que nalgún momento da súa vida sinten a chamada de algún tipo de vocación. Pero vivimos nun mundo complexo no que cada vez é máis difícil a militancia, no sentido de optar por algo para toda a vida. Pasa no sacerdocio, pasa co matrimonio e con outras moitas facetas. É o que os sociólogos chaman o mundo líquido, tan rápido, tan instantáneo. É un problema si, pero non por unha, senón por moitas causas. Esa falta de compromiso, ese medo por asumir algo para toda a vida, nunha era na que todo parece ser tan inmediato, no que escolles algo dis que si e logo dis que no.

10. No que concirne a Amencer, e noutros proxectos salesianos, ¿resolvese ese valeiro coa participación da sociedade civil, dos seglares?

Certo. A verdade é que Don Bosco o ideou así. Solo que no século XIX era imposible a nivel relixioso polos regulamentos que había, pero el soñou con salesianos seglares, salesianos que estaban casados, e traballaban. Hoxe en día a obra salesiana sen seglares é imposible. Foi algo que se produciu, non de hoxe para mañá, senón ó longo destas últimas décadas. Cando eu era escolar aquí. Practicamente todos os profesores eran salesianos. A medida que foi pasando o tempo nestas últimas catro décadas, invertiuse a proporción e hoxe a meirande parte do corpo docente son seglares. E coa asociación pasa o mesmo. Amencer, sen seglares sería imposible. Eu son a cara de Amencer, pero tras de mín hai moita xente que soña, que deseña, que traballa, e sen eles, todo esto sería imposible.

Te puede interesar