DEPORTE ACUÁTICO

Piragüismo de alto nivel en Ourense

Medio millar de deportistas de máis de 30 clubes daránse cita no embalse de Velle, en Barra de Miño no Campeonato Galego de Inverno

O municipio de Coles acollerá, por segundo ano consecutivo, o Campionato Galego de Piragüismo para barcos de equipo (K-2 e C-2), o vindeiro 14 de abril, ás 10.00 horas, no embalse de Velle, en Barra de Miño. 

Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, agarda “unha participación ao redor dos 500 deportistas, procedentes de máis de 30 clubs de piragüismo de Galicia, o que fará que durante esta xornada deportiva visiten o municipio de Coles máis de 2.000 persoas”, engadiu o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Piragüismo dixo que este campionato “é unha competición de alto nivel, o que se traduce nun gran evento deportivo. O que intentamos é que este deporte náutico se abra a Ourense, que conta cuns pantanos e uns ríos que son perfectamente navegables e inmellorables”. Asemade, Alfredo Bea salientou que o obxectivo é que Ourense “siga mantendo esa posición destacada dentro deste deporte en Galicia, e desde a Federación continuaremos a traballar para facer cada vez máis visible a realidade deste deporte”.

A tenente de alcalde de Coles lembrou que este campionato regresa a Coles, “proba que o ano pasado logrou un premio de máxima competición pola Federación de Piragüismo”, e destacou que se trata “dun deporte en auxe na zona de costa e no interior, polo que é un bo pulo que desde a Deputación e desde a Federación impulsen este tipo de eventos e que se celebren na nosa provincia”.

O presidente de Piragüismo Fluvial Allariz salientou que celebrar este campionato en Coles supón que máis de 2.000 persoas visiten o concello durante esta fin de semana, “un gran motivo para atraer visitantes e facer provincia”.

Te puede interesar