Concentración en contra da nova reforma laboral en Verín

photo_camera Representantes de la Cig en Verín. (Vídeo: C.C.).
Concentráronse na Praza do Concello de Verín

Este mércores, ás 12,00 horas, representantes da Cig de Verín concentráronse na Praza do Concello de Verín para protestar pola reforma laboral.

Como explicou Óscar Núñez, portavoz do sindicato en Verín, están secundando unhas concentracións que se están a facer por todo o país: "Protestamos polos incumplimentos de políticas dende Madrid, onde seguen sen botar abaixo a reforma laboral, subindo os prezos, todo o cal repercute na clase traballadora".

Por iso, dende a Cig aseguran que manterán as mobilizacións "ata que o Goberno tome a decisión de botar abaixo a reforma laboral e poñer freno a subida de prezos da luz, alimentos...", concluíu Núñez en Verín.

Te puede interesar