"Nós", un documental para impulsar o rural en Monterrei
A cita será o próximo 12 de decembro ás 19,00 horas no Auditorio
O Auditorio de Verín acollerá a presentación de “Nós”, un proxecto audiovisual realizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Monteval e producido por Claqueta Coqueta. A cita será o vindeiro 12 de decembro ás 19,00 horas.
“Nós”, concebido como unha curta documental ligada a unha webserie, apóiase en tres pilares básicos da realidade do rural: a infancia, os retornados e os maiores. “Os máis cativos como a esperanza e o xerme do futuro no rural, os retornados pola complicada situación derivada da covid e os maiores como unha homenaxe a toda unha vida vivindo nesta contorna”, apuntan dende o GDR.
O proxecto parte dunha formación, tomando como protagonistas a persoas sen preparación de cada un dos Concellos que conforman Monteval, as cales se lles proporcionaron ferramentas para o seu desenvolvemento diante das cámaras. “Queriamos darlle a maior veracidade e verosimilitude posible, mostrar un rural real”, afirman dende a organización.
Pola súa parte, Ana Pardo, xerente do GDR Monteval, destaca que a finalidade do proxecto é “potenciar o noso rural, noso territorio, a nosa forma de vida, cada vez máis valorada polos de aquí e polos de fóra. A curta sae do corazón dos nosos protagonistas, uns sentimentos e sensacións que vale a pena amosar”.
Ademais, dende a Asociación Monteval, coa intención de axudar sempre aos seus veciños, e ante datas sinadalas como o Nadal, acompañarase a presentación de “Nós” cunha campaña solidaria. A entrada do Auditorio, voluntarios de Cáritas Parroquial Verín estarán recollendo alimentos e xoguetes para repartir posteriormente entre os seus usuarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
REFORESTACIÓN EN MONTERREI
Galería | Numerosos niños reforestan A Caridade tras los incendios del pasado agosto
Lo último
Julián Pardinas Sanz
Una “verdad” bajo sospecha
OBRAS E SALARIOS
Bande aproba un orzamento superior aos dous millóns
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Esencias
SIN PLAY OFF
El Barco y el Barbadás despiden la liga el domingo