Reportaxe

Un paseo pola Raia e o pasado da comarca de Monterrei

IES CASTRO BARONCELI VERÍN
photo_camera Os alumnos polos camiños que no pasado percorrían os contrabandistas. (Foto: cedida).
Os alumnos do IES Castro de Baronceli celebraron esta semana un día “raiano”, no que coñeceron a historia desta comarca fronteiriza e desfrutaron da Raia en plena natureza.

Coñecer as nosas orixes, a unión co país veciño e a vida de antes na comarca foi o que descubriron, nunha xornada atípica, os alumnos do instituto Castro de Baronceli de Verín, os que desfrutaron dun día “raiano”, no que os mozos se achegaron á Raia e a súa historia.

A primeira das actividades foi o visionado do documental “A memoria da Raia”, das mozas Iris Justo, Miriam Francisco e Andrea Pérez. Elas amosaron, nun coloquio cos alumnos, as relacións transfronteirizas que existían -e aínda se conservan- entre galegos e portugueses, moi especialmente nos municipios raianos de Monterrei.

IES CASTRO BARONCELI VERÍN

A viaxe finalizou cun paseo “para poñernos na pel dun contrabandista -explican dende o centro- e camiñar, desfrutando dunha espléndida paisaxe” por Vilardevós e a súa ruta do contrabando, pisando terra portuguesa en Segirei. Unha xornada académica diferente na que os participantes se achegaron á vida pasada da Raia, onde a fronteira só era unha liña de división destos municipios irmáns.

IES CASTRO BARONCELI VERÍN

Te puede interesar