Aberto o prazo de inscripción no campamento do Invernadeiro

Dende o pasado xoves 6 de xuño está aberto o prazo de inscripción no campamento de verán no parque do Invernadeiro. Esta iniciativa, que terá lugar do 26 ao 31 de agosto, permite ós rapaces recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os mozos e co entorno.
Manutención en réxime de pensión completa, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, materiais necesarios para as actividades, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria, si fose necesaria, son os dereitos que adquiren os inscritos.


CUOTA

Esta actividade, destinada a mozos con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cuota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados.

Te puede interesar