Aberto o prazo de inscripción no taller para facer cigarróns

O Concello de Verín abrió o prazo de inscripción no obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os interesados poden inscribirse até o día 20 de novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).
As actividades formativas, nas que tamén colabora Bazar Matías-Mativer, comezarán o 26 de novembro, e na semana que remata co Domingo de Corredoiro exporanse na Casa do Escudo os traxes que se confeccionaron. Para participar é imprescindible ter libres a tarde ou tardes nas que se desenvolvan as actividades. Os grupos, de 10 participantes por grupo (máximo de dous por actividade -traxe, careta-) fórmanse cos seguintes criterios: teñen preferencia as persoas empadroadas en Verín, e se hai máis demanda de postos que prazas valorarase a data na que se fixo a preinscrición.

Te puede interesar