La Región

MONTERREI

Abre o prazo para anotarse na Campaña de Verán 2019

O programa ofrecerá á xuventude a posibilidade de participar en actividades de carácter lúdico, formativo, cultural e deportivo

Abre o prazo para anotarse na Campaña de Verán 2019

Os mozos verineses de entre nove e dezasete anos de idade xa se poden inscribir na Campaña de Verán 2019 que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Para facelo terán que dirixirse á oficina municipal de información xuvenil do Concello de Verín. 

O programa ofrecerá á xuventude a posibilidade de participar en actividades de carácter lúdico, formativo, cultural e deportivo, así como de coñecer outros territorios da xeografía española.

Os inscritos disporán de varios servizos entre os que se atopan materiais, aloxamento, atención sanitaria ou transporte dende Santiago de Compostela ata os lugares solicitados.