MONTERREI

Agro+Verín, a gran feira de mostras

20190404181035809_result
photo_camera Asistentes nunha pasada edición da feira.

Este venres comeza unha nova edición da Feira do Lázaro de Verín

Este ano, o ente municipal volve a ofrecer un amplo abano  de propostas enfocadas a todos os públicos. Como novidades destacan dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedario ("Operación Monarca" e “Aves de Galicia", do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), xornadas temáticas sobre plantas medicinais (con visitas guiadas, charlas visuais, vídeos sobre etnobotánica, saída a campo  e obradoiros infantís) e recuperación de oficios tradicionais (coa presenza de Idoia Cuesta e Olería do Batán), o I Intercambio transfronteirizo entre a Asociación Cultural Candaira e o Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- Portugal)”.

Ao igual que o ano pasado, a estas actividades súmanse a feira Agro +Verín, Feira do Libro, Feira de Artesanía, actividades infantís pedagóxicas, actuacións musicais variadas,  o Túnel do Viño da D.O Monterrei, un Torneo de Pitch and Putt (Golf), unha mostra de vehículos de ocasión, BTT, fútbol e natación, actividades de ocio e menús “especiais Lázaro”.

Un dos eventos mais populares é Agro+Verín que durante a fin de semana contará cunha completa feira de mostras, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín, repleta de actividades, todas elas relacionadas cos cambios experimentados no rural e nos traballos que antano se practicaban, conxugando tradición e innovación. Agro+Verín abrirá as sñyuas portas de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas.  A inauguración oficial será mañá ás 12,00 horas.


Eido deportivo


No apartado deportivo, ao igual que no 2018. celebrarase nos Remedios o torneo de Golf, na modalidade Pitch and Putt, que xunto coas competicións de BTT (domingo, a ñas 09,30 horas, na Praza García Barbón), e natación (sábado, ás 17,00 horas, na piscina climatizada), e o partido de veteranos entre os equipos de Chaves e Verín (sábado, ás 20,00 horas, no Pavillón de deportes) completan o programa deportivo. 

Te puede interesar