O albergue de Vilariño acollerá un campamento o mes de agosto

O albergue de Vilariño de Conso acollerá, un ano máis, o campamento infantil organizado dende a oficina municipal de información xuvenil do Concello de Verín. Será dende o 20 ao 26 de agosto e estará enfocado aos menores con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos -haberá un total de 32 prazas-. 

O obxectivo desta iniciativa será fomentar o respecto pola natureza e o medio ambiente nos menores, valorizar a importancia da reciclaxe e promover a convivencia mediante actividades lúdicas e educativas como a Iniciación a canoa e ruta en canoa, tiro con arco, rappel, circuíto de orientación, sendeirismo, xogos deportivos e actividades de animación ou rutas BTT. As solicitudes cubriranse na propia oficina de Información Xuvenil e as cotas serán de 150 euros, para os menores empadroados no Concello de Verín, e 170 euros para os non empadroados.

Te puede interesar