MONTERREI

Os alcaldes de Monterrei asinan unha alianza arredor da auga

Calificaron como histórico o documento no que se comprometen na defensa do medio ambiente  do val

 

 

Verín foi onte o escenario dunha sinatura cuxos protagonistas cualificaron de "histórica". Todos os alcaldes da Mancomunidade de Municipios de Verín subscribiron a declaración institucional que recolle o seu compromiso explícito co medio ambiente do Val do Támega, así como a adopción de políticas "concretas" de sustentabilidade. 

Na sesión, o tenente de alcalde verinense, Diego Lourenzo, fixo un chamamento ao "desenvolvemento concreto de proxectos" cos que se podería chegar a optar a 20 millóns de euros de inversión europea, beneficiándose do carácter de LIC (Lugar de Interese Comunitario) do que dispón o Val. O resto de rexedores da comarca comprometéronse tamén coa preservación, o control e a mellora do seu medio ambiente, "en especial dos ecosistemas fluviais do río Támega e dos seus afluíntes". 

Os alcaldes da Mancomunidade  comprometéronse a "traballar xuntos na preservación, control e mellora dos ecosistemas fluviais do Rio Támega e os seus afluíntes", máis alá das diferentes cores políticas dos diferentes gobernos locais. 

José Luís Suárez, presidente da Mancomunidade afirmou que este "é un paso máis na solución ao problema medioambiental que ten a comarca", pero que "non pode quedar só nisto". "Temos que traballar entre todos; o instrumento da Mancomunidade ten que funcionar", concluíu.

Te puede interesar