Vivenda

Aluguer de 50 euros para as vivendas sociais de Cualedro

As familias con fillos escolarizados no colexio Vicente Risco serán os principais beneficiados con esta medida

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou recentemente a ordenanza que regulará o acceso ás vivendas sociais de Cualedro, ubicadas nas antigas casas dos mestres. O aluguer mensual será de 50 euros e veranse beneficiadas, en primeiro termo, as familias con fillos escolarizados no colexio Vicente Risco do municipio. O obxectivo principal pasa por fomentar o incremento de matrículas neste centro. 

Por outra banda, e no caso de que queden vivendas sen ocupar, o Concello de Cualedro, a través dos seus servizos sociais, adxudicará os inmobles a persoas con necesidades económicas que, por diversas causas, quedaron sen vivenda. 

O contrato de aluguer revisarase polos servizos sociais ao cabo dun ano e os inquilinos terán que asinar un documento no que se comprometen a cumprir normas de convivencia.

Te puede interesar