Ana Díez: "En Verín hai un filón cultural importante, ten que haber vontade"

ANA DIEZ, entrevista verano (2)
photo_camera Ana Diez.
Entrevista a la joven Ana Díez, quien regresa desde Santiago (actualmente) a Verín, el lugar donde se encuentran sus raíces

Ana Díez naceu en Verín (Verín, 1994), viviu en Vigo e noutros tantos lugares de toda España. Rematou en Santiago por traballo e, aínda que seus pais viven en Vigo, soña con volver cada verán a casa da súa avoa en Verín para reencontrase coa familia e os amigos de toda a vida. 

 

Cal é a súa relación coa vila do Támega?

Aquí está miña familia. Eu reivindico moito Verín, para min é verán, a miña familia, a avoa, e a conexión con Galicia, porque estivemos fora sempre. A casa da miña avoa é un sitio ao que volver, eu teño moitas amizades en Verín e somos unha boa cuadrilla. 

 

Que é o que máis lle gusta de Verín?

O Entroido, evidentemente. Máis alá diso, encántame ir A Pousa, a zona do río. É algo típico, coller as bicicletas e arrancar a darnos un chapuzón. Tamén nos gusta a zona de Vilaza (Monterrei). Para min os baños na zona de Vilela, A Pousa é algo moi clásico de todos os veráns. Non hai verán sen iso. 

 

E o que menos?

A min o que me da rabia de Verín é que non sexa o pobo como tal un lugar no que a xente nova poidamos quedar a vivir. Agora co tema do teletraballo pode ser máis viable, pero non vexo a posibilidade de 20-30 anos poida quedar alí, ímonos formar fora e o final quedamos fora, non hai tecido económico como para facer vida en Verín.  

 

Gustaríalle vivir en Verín?

A min non me desgustaría nada vivir en Verín, polo menos unha boa tempada. Está ben conectado, estamos a un paso de Portugal, temos a autovía que enganchas con todos os recunchos. O único o calor do verán e o frío do inverno, pero nas lareiras sempre se está ben (ri). 

 

Falando xa en xeral da comarca e do interior, que potencial lle ve vostede as zonas rurais?

Eu penso que o rural na nosa comarca está moi ben conectado coa vila. Na miña opinión o rural ten moitísimo potencial. En viticultura, hai moito traballo e está en crecemento. Despois, varrendo cara a miña casa, Verín ten moitísima cultura para explotar. Tanto en rutas de patrimonio como os balnearios, penso que se podería insistir moito en promovelo, pero non enfocalo ao turismo masificado, é algo do que estou en contra, pero hai outras formas. Penso que se poden facer propostas apoiadas na xestión cultural para poñer en valor patrimonio e natureza, con contratación de guías para rutas como do viño, balnearios, no monte… Ademais de ter un patrimonio inmaterial moi importante e variado.

 

Entón, ve un potencial cultural importante…

Totalmente. Culturalmente hai un filón importante, se hai vontade realmente, tanto dende a Administración como dende a empresa privada, para sacarlle rendemento pode ser interesante. Sobre todo, sin centralo no turismo masivo, é necesario facelo respectuoso coa xente que vive en Verín, que son o centro. 

 

Se tivera que escoller un recordo, cal sería?

Unha imaxe que me acordo moito dela é a horta. Temos detrás da casa unha zona de horta, e é moi característico unha mesa de unha vintena de persoas coa miña avoa de cabeza de familia, sentados ao fresco pola noite cenando alí e a arranxar o mundo entre todos. Outra imaxe clara é a Praza Maior, as bicicletas na praza e a sensación de verán coas verbenas. 

Te puede interesar