SALUD

Axuda odontolóxica para nenos enfermos ou en risco de exclusión social

Concello e Dentalnova asinan un convenio polo que se asistirán a un máximo de 11 pacientes con patoloxías dentais

O Concello de Verín e a firma sanitaria Dentalnova veñen de asinar un convenio do que se beneficiarán nenos e nenas do termo municipal que padecen enfermidades crónicas graves ou risco de exclusión social, de ata 12 anos, con tratamentos odontolóxicos “sen restricción de nengún tipo” e un máximo de 11 pacientes ó ano. 

O convenio recolle que os nenos beneficiarios deste acordo suscrito entre a institución que preside Gerardo Seoane e a mercantil odontolóxica acolleranse a unha solución médica “para devolverlles a saúde, a funcionalidade e a estética”, gracias ó programa de colaboración co Concello, dentro dos grupos sociais de “nenos enfermos con patoloxía grave ou crónica, e grupos en risco de exclusión social”.  

Asimesmo, a entidade porá en marcha no concello o programa “Calcetín solidario, nengún neno sen xoguete”. Segundo o mesmo, como así recollen as bases, se entregará un xoguete a cada neno a cambio dun calcetín vello -símbolo navideño onde se depositan os desexos- e, rematada a campaña, farase un donativo a unha ONG local de igual valor aos calcetíns recollidos durante o periodo que dure dita iniciativa.

Te puede interesar