Bacallau e Cabrito, protagonistas en Verín

Os Hosteleiros da Comarca de Monterrei preparan sun sexta Exaltación

A Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei ultima, en colaboración co Concello de Verín, a sexta edición da Exaltación de Bacallau e Cabrito, que se desenvolverá nos días 20, 21 e 22 de marzo, no contexto da Feira do Lázaro e do certame gastronómico Vila de Verín.

A Exaltación consistirá na realización de menús específicos, ao longo das tres xornadas que dura a da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 12 e 22 euros. Nesta sexta edición teñen comprometida a súa participarán os restaurantes O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, Aldea Rural A Cortiña, San Roque, Brasil, Gallego, O Souto das Candeas e Parador de Verín.

Esta sexta edición da Exaltación inclúe a novidade da realización de actividades lúdico-formativas para nenos e adultos. Organizadas pola Asociación de Hostaleiros da Comarca, teñen como finalidade achegar ao público o labor realizado desde a Asociación, así como ofertar información sobre os hábitos saudables na alimentación ou aproximar a cociña aos máis pequenos da casa.

Obradoiro para nenos

O primeiro destes obradoiros terá lugar o venres 20 de marzo, a partir das 17 horas. Desenvolverase no propio pavillón municipal de deportes, no espazo adicado ó concurso gastronómico 'Cigarrón de Verín'.

Neste obradoiro de cociña creativa para menores, tres restauradores que forman parte da Asociación de Hostalería da Comarca de Monterrei ensinarán en directo como elaborar diferentes pratos. Para a súa elaboración contarán coa participación dos nenos que se atopen no recinto e estean interesados en participar no obradoiro creativo, no que os proxenitores tamén serán unha parte activa.

A maiores desenvolverase unha segunda actividade, unha charla informativa sobre alimentación. A mesma terá lugar o domingo día 22 de marzo, a partir das 18,00 horas, no stand da Asociación de Hostaleiros da Comarca, no propio recinto feiral. Na mesma impartiranse cuestións básicas sobre alimentación, hábitos saudables e deportes.

Te puede interesar