INFRAESTRUCTURAS

Baltar visita as obras da casa consistorial de Oímbra

Baltar Oimbra_result
photo_camera Manuel Baltar, Ana Villarino y José Manuel Rey, durante a súa visita á Casa Consistorial de Oímbra.

Baltar destacou, así mesmo, a colaboracion co Concello de Oímbra, "para favorecer a accesibilidade e comodidade dos cidadáns

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou onte as obras de mellora e ampliación que se están a levar a cabo na Casa Consistorial de Oímbra. Na visita o presidente provincial estivo acompañado pola alcaldesa, Ana Villarino, e polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, quen tamén abordou coa alcaldesa temas relacionados co seu departamento. Na realización destas obras a Deputación provincial investiu máis de 125.000 euros.

Durante a visita, o presidente da Deputación destacou o papel que exerce o goberno provincial como "concello dos concellos, coooperando cos municipios da provincia e, por extensión, cos cidadáns, neste caso, axudanto a mellorar as instalacións da Casa do Concello para seguir incrementando a calidade dos servizos que se prestan aos vecinos do municipio".

Baltar destacou, así mesmo, a colaboracion co Concello de Oímbra, "para favorecer a accesibilidade e comodidade dos cidadáns á hora de realizar os seus trámites municipais, e para ter unha maior funcionalidade na xestións e instalacións da casa de todos os vecinos, que é o consistorio".

Te puede interesar