CAMPAÑA DA RENDA

Os maiores de 65 anos de Riós poderán facer a declaración da Renda no concello

Concello de Riós
photo_camera Concello de Riós
Os veciños interesados deberán pedir cita previa nos teléfonos destinados a este servizo

O Concello de Riós informou da sinatura dun convenio de colaboración coa Axencia Tributaria, e que permitirá que todos os seus veciños maiores de 65 anos poidan facer as súas declaracións da Renda dende o concello.

Para garantir a privacidade dos interesados en contar con esta axuda agora que nos atopamos en plena campaña de presentación da declaración da Renda, o trámite realizarase a través de videoconferencia dende a oficina habilitada a tal fin.

Dende o Concello lembran a aqueles veciños interesados en desfrutar deste servizo que deberán pedir cita previa nos teléfonos dispoñibles postos a disposición da veciñanza: 91 553 00 71 e 901 22 33 44, en horario de luns a venres, de 9,00 a 19,00 horas.

A alcaldesa riense, Eva Barrio, aplaude que este tipo de iniciativa se acheguen á veciñanza de Riós.

Te puede interesar