CULTURA

A Biblioteca de Verín, convidada ó encontro estatal "Lectureando"

O fío condutor foi a gastronomía e, do mesmo xeito que o ano pasado, fixérono da man dos seus protagonistas, os propios voluntarios da entidade.

O Observatorio da Lectura e o Libro, pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración da Feira do Libro de Madrid e a Biblioteca Pública Municipal  Eugenio Trías e no marco das actividades do Plan de Fomento da Lectura, organizou por segundo ano consecutivo o encontro "Lectureando", no que, este ano, participou a Biblioteca Municipal de Verín co seu proxecto "Voluntarios da Cultura". Foi unha xornada dun día, onte xoves 31 de maio, no que se deron a coñecer un total de 24 iniciativas que comparten o mesmo obxectivo: promover a lectura.

O fío condutor foi a gastronomía e, do mesmo xeito que o ano pasado, fixérono da man dos seus protagonistas, os propios voluntarios da entidade. A Biblioteca de Verín participou, na sección "Especialidade da casa" (16,45 – 18,30 horas). A xornada transmitiuse en directo vía streaming e polas redes sociais.

Te puede interesar