A Biblioteca de Verín renderá unha homenaxe ao escritor Domingo Villar

SONY DSC
photo_camera Imaxe de arquivo de Domingo Villar con dúas voluntarias da Biblioteca de Verín.
A organización da Biblioteca aplaudirá a labor do escritor, recentemente falecido, durante as IV xornadas de Novela Negra

O escritor Domingo Villar, recentemente falecido, foi o primeiro participante das I xornadas de Novela Negra de Verín no ano 2014 e colaborou activamente ao longo destes anos coa Biblioteca de Verín neste evento literario. Por iso, a Biblioteca de Verín decidiu render unha homenaxe a súa persoa na inauguración da cuarta edición das xornadas de Novela Negra, que se celebrará os días 3 e 4 de xuño. Este acto correrá a cargo de Lorena Carnero e Daniel Carnero, voluntarios da Biblioteca Municipal.

Segundo explicaron dende a organización das xornadas, “Vilar estará sempre presente no escenario de todas as conferencias cunha gran imaxe, cedida para o evento pola xornalista e fotógrafa Victoria R. Ramos”. Así, o equipo que conforma a entidade verinesa quere transmitir todo o cariño, respecto e admiración á memoria de Domingo Villar e as condolencias á familia do escritor vigués, amigos e escritores que nestas semanas choran a perda de Villar. 

As xornadas de Novela Negra, baixo o título “Personaxes de Novela”, celebraranse no Auditorio de Verín e contarán coa participación de escritores de primeiro nivel como Arantza Portabales, Xaquín Leiceaga e Alejandro Corral, ademais de expertos na materia como o xuíz Vázquez Taín, o comandante Víctor Souto  ou o excomisario Enrique León, entre outras moitas personalidades.

Te puede interesar