política

O BNG de Verín avalía a súa actuación no seo do goberno compartido

Os veciños interesáronse polos principais proxectos do Concello, como o centro de día ou a nova depuradora de augas residuais

Bases, simpatizantes e algún que outro veciño da vila, ata un total de máis dun centenar de persoas, participaron no día de onte na asemblea pública convocada pola formación nacionalista en Verín, co único propósito de avaliar a súa acción de goberno compartida co grupo municipal socialista e escoitar as inquedanzas e propostas da veciñanza, por se éstas deberan de ser tidas en conta  pola acción de goberno.

Os veciños interesáronse polos principais proxectos do Concello, como o centro de día ou a nova depuradora de augas residuais. Pola súa banda, Diego Lourenzo anunciou aos presentes un plan de emprego xuvenil que se poñerá en marcha no concello no horizonte dos anos 2018 e 2019.

Te puede interesar