PATRIMONIO

O BNG ourensán pide as catas da calzada real da fortaleza

A deputada Noa Presas reclamou á xunta información do resultado dos traballos de patrimonio nese ben

A deputada por Ourense, Noa Presas, sinalou onte que o PP e o Goberno galego "teñen secuestrada" a información sobre o estado da calzada real do castelo de Monterrei, logo das catas feitas pola Xunta de Galicia nun "elemento patrimonial de primeiro orde pero que, a día de hoxe, aparece moi deteriorado tras as obras para dotar de accesos e servizos ao parador que ocupa a fortaleza". 

Segundo entende a política ourensán, esta senlleira construción ten soportando un grande impacto ao longo dos tempos e a súa situación "ten que ser informada tanto ao concello como á veciñanza e tamén aos colectivos máis implicados na súa defensa", sinalou Noa Presas. 

O deparmento autonómico sinalou, semanas atrás, que a solución intermedia alternativa para o arranxo da calzada pasaba pola elaboración dun proxecto de posta en valor definitivo a longo prazo conservando a riqueza patrimonial e arqueolóxica da mesa. Resposta, que non está a ser suficiente para a deputada nacionalista: "Para o conxunto patrimonial de Monterrei, o único que podemos esperar por parte do PP é máis anos sen un plan director, máis anos sen unha proposta para poñer en valor o camiño real e máis anos de defensa dos intereses privados en lugar de aproveitar todo o potencial de dinamización dese BIC".

Te puede interesar