actividade

A cabalería da Garda Real estará nas rúas de Verín o día 19

Entre o 18 e o 20 de maio, Verín será o escenario dun conxunto de exhibicións da Garda Real

Verín tamén se convertirá en parada dos efectivos da Garda Real, que entre os días 17 e 21 de maio están a realizar varios exercicios por toda a provincia.  

Entre o 18 e o 20 de maio, Verín será o escenario dun conxunto de exhibicións da Garda Real coa finalidade de dar a coñecer o seu labor -que non é outra que proporcionar o servizo de garda militar, render honras e dar escoltas solemnes á Familia Real- e doutra banda, poñer en práctica e desenvolver as técnicas e capacidades de mando e control, apoio loxístico e actividades tácticas de instrución e adestramento propias de toda unidade militar. 

Mañá xoves partirán a cabalo ás nove ata o Castelo de Monterrei, dende o clube hípico de Queizás. O venres, pasarrúas pola vila ás 10,30 horas. Pola tarde, percorrerán os tres mananciais de Verín. Rematarán a súa presenza na vila o vindeiro sábado, ás 11 horas, cunha exhibición de efectivos no campo José Arjiz.

Te puede interesar