ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
A reunión terá lugar o próximo día 15 de maio, ás 18,00 horas, e está dirixida a toda a hostalería local da vila.
Este encontro, que se levará a cabo no salón de actos da Casa da Cultura verinesa, ten como obxectivo principal a creación dun espazo de colaboración que dea como resultado ideas e vías de mellora para a dinamización do sector hostaleiro.
Dende as áreas municipais de Hostalería e Feiras, responsables da convocatoria, cren que esta charla colectiva pode servir non só para o intercambio de conceptos innovadores, senón tamén para que os hostaleiros de Verín compartan as súas experiencias.
Ademais, os responsables do Concello tamén buscan que os empresarios da hostalería expresen igualmente as necesidades e os retos aos que se están a enfrontar na actualidade.
Con ese fin, o Concello convida a todos os propietarios e representantes hostaleiros a esta reunión aberta a todo o mundo do sector.
No mesmo sentido, anímaos non só a participar na reunión, senón tamén a intervir co fin de dar a coñecer as ideas e propostas que teñen para dar un pulo á hostalería local de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
Jaime Rodríguez Arana
MI PLAN PERFECTO
Tiempo para cargar las pilas
David Alvarado
A fronteira como coartada
LÍNEAS DE TRABAJO
Boborás recibe la visita del cónsul honorario de México