TELEVISIÓN

Cabreiroá será hoxe plató da serie “Vidago Palace"

o balneario recibirá aos actores e ó equipo desta serie de televisión rodada entre galicia 
e portugal

Cabreiroá convertirase hoxe dende as nove da mañán nun improvisado estudo de grabación. Porque ata alí -como xa acontecera anos atrás no seu propio hotel coa rodaxe do filme "Sei quen es", na que participaron moitos figurantes de Verín e arredores- chegan os integrantes da serie que se está a rodar entre España e Portugal, coproducida pola canle autonómica e a Radiotelevisión portuguesa. 


Ata alí, amáis dos actores e de todos os integrantes da equipa de grabación, se achegarán o alcalde de Verín, Gerardo Seoane,  e o seu segundo de a bordo, Diego Lourenzo. 


“Vidago Palace” narra unha historia de amor nun contexto histórico extraordinario e nun ambiente tan espectacular como o luxoso hotel e balneario aberto en Vidago a comezos do século XX para acoller ó máis selecto da sociedade europea. 


Os actores David Seijo, Antonio Mourelos, David Amor, Sheyla Fariña e Eva Fernández forman parte do elenco galego da serie. 

Te puede interesar