INFRAESTRUCTURAS

Caen cascotes da fachada do colexio de Vilardevós

O Concello destinará fondos municipais para facer os arranxos necesarios

O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, anunciou que oo consistorio acometerá, con cargo aos fondos municipais, o arranxo de parte das deficiencias que está a sufrir o centro público de ensino daquela localidade, "como así o levamos facendo ata agora na medida das nosas posibilidades". Con todo, o rexidor entende que neste caso, cando se trata de arranxos de maior envergadura ou que afectan á estrutura das instalacións, tería que ser a propia Consellería de Educación a que lle adicase unha partida específica para a súa reparación, ou cando menos, acometer o necesario lavado de faciana que este recinto precisa", explicou Manuel Cardoso.

O máis inmediato será reparar parte da fachada principal da escola, que ademáis de contar con numerosas baldosas do acceso principal levantadas, viu como días atrás se desprendían cascotes ao lado esquerdo da porta principal da construcción.

Tamén o grupo de goberno municipal de Vilardevós acometerá obras de acondicionamento no patio exterior, xa que nquela zona a altura da herba impide aos rapaces desfrutar da ampla superficie verde coa que conta o perímetro do centro educativo.

Te puede interesar