Vía da Prata

O Camiño de Santiago por etapas arranca en Verín o 24 de outubro

camiñata mixós monterrei (4)
photo_camera Imaxe dunha camiñata de verán polo concello de Monterrei. (Foto: cedida).
A ruta realizarase domingo a domingo

Volve o Camiño de Santiago por etapas, durante oito domingos. Unha iniciativa que busca fomentar o ocio saudable e a realización do Camiño dunha maneira intermitente.

Organizado por Marcos Meno, coa colaboración de Xeitura S. Coop. Gal, a primeira xornada sae de Verín o 24 de outubro, cunha distancia de 23 kilómetros ata Laza.

camiño sdc

En cada xornada farase unha etapa diferente -onde se trasladarán aos participantes en autobús ata o punto de saída-, ata chegar a capital galega pola Vía da Prata. A data límite de inscrición é o 22 de outubro. 

Te puede interesar