Campaña de doazón de sangue na Praza García Barbón

O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.
Os interesados en donar sangue poden acercarse á Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia, instalada na Praza García Barbón, hoxe, entre as 16,30 e as 21,00 horas, e mañá entre as 10,30 e as 14,30 horas. O Concello espera superar as 717 doazóns do 2011.

Te puede interesar