As casas do maior de Albarellos, en Monterrei, recibiron 75.000 euros

20220429 DXM Casas do Maior Monterrei 4
photo_camera José Luis Suárez e Fernando González coas usuarias do centro.
As casas do maior "Monterrei" e "Afotueza" xa están en pleno funcionamento con usuarios do concello

As casas do maior de Monterrei -localizadas en Albarellos- xa están funcionando a pleno rendemento. Fernando González, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, visitou os dous centros de atención diúrna, onde aplaudiu o servizo de conciliación que prestan aos seus veciños. José Luis Suárez, alcalde de Monterrei, acompañou o representante da Xunta no percorrido polas novas instalacións .

A Xunta de Galicia destinou 75.000 euros para a posta en marcha da “Casa do Maior Monterrei” e a “Casa do Maior Afouteza”, as que xa teñen usuariis desfrutando dos seus servizos. Para facelos máis completos, unha das casas funciona con horario de mañá e a outra traballa ás tarde. 

 

Novos centros

Durante o acto, González remarcou que a creación de “83 casas do maior repartidas por toda a Comunidade permite ofrecer recursos de conciliación e atención naqueles concellos máis pequenos do rural". Por iso, o Goberno galego axuda no equipamento e mantemento anual destas instalacións a través dunha achega de 15.000 euros pra a adecuación de cada centro e outros 25.000 euros anuais para o seu funcionamento diario.

20220429 DXM Casas do Maior Monterrei 3
Visita al nuevo servicio.

O director xeral adiantou en Albarellos que a Xunta seguirá incrementando a extensión desta rede autonómica de casas do maior para atender a todos os concellos que carecen deste tipo de recursos. Nas vindeiras semanas darase a coñecer a resolución dunha nova convocatoria de axudas, que permitirá a apertura de 30 novos centros. 

Te puede interesar