O Castelo de Monterrei acollerá un novo campo de voluntariado en agosto

Verín 16/3/22
Segundo día con calime en Verín y valle de monterrei con el castillo de Monterrei

Fotos Martiño Pinal
photo_camera El Castillo de Monterrei y su entorno. (Foto: Martiño Pinal).

O Concello de Monterrei, outro ano máis, volve a ser beneficiario dos campos de voluntariados ofertados pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Este verán volverán á comarca 15 mozos de entre 18 e 30 anos interesados no ámbito da arqueoloxía. 

O campo de voluntariado que se oferta versará sobre traballos arqueolóxicos no Castelo de Monterrei.  Os participantes intervirán na cara norte da Acrópole do Castelo, na zona axardinada e nun espazo intermedio entre a muralla do terceiro recinto e o paseo de Monterrei. Ademais, traballarán na creación dun xogo de realidade estendida sobre o Castelo para a difusión turística deste destino. Os mozos tamén poderán coñecer a ruta termal da auga, a DO Monterrei e visitar o parque natural de O Invernadoiro, entre outras actividades.

Este campo de traballo, de ámbito internacional, desenvolverase do 30 de xullo ata o 10 de agosto e dende o Concello de Monterrei informan de que o prazo para solicitar praza xa está aberto, animando á participación dos mozos interesados na arqueoloxía e na historia. 

A Xunta de Galicia oferta un total de 42 campos de voluntariado para a campaña deste verán. Destes, nove serán na provincia de Ourense e os concellos beneficiarios -ademais de Monterrei- son Larouco, Celanova, Vilariño de Conso, Bande, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Muíños e A Veiga.

Te puede interesar