O Castelo de Monterrei acollerá durante xuño a obra de Tareixa Taboada

tereixa taboada en monterrei
photo_camera Tareixa Taboada posa ao carón de dúas das súas obras.
Os interesados en visitar "Reina loba" poderán facelo de mércores a domingo pasando pola oficina de turismo

A sala de exposicións Hospital da Trindade do Castelo de Monterrei xa conta cunha nova mostra durante o mes de xuño: “Reina Loba” da artista ourensá Tareixa Taboada. 

Así o corroborou onte a artista coa inauguración desta mostra, a que non é unha “expresión meramente estética, senón que busca transgredir, provocar, incluso conmover a quen a contempla”, sinalou Taboada no acto de inauguración. A ourensá é unha artista comprometida co arte contemporánea, abordando distintos linguaxes, dende a escultura á pintura pasando pola instalación e a fotografía. Conta cunha traxectoria de longo percorrido con exposicións en distintos museos, institucións e galerías de arte en territorio autonómico, nacional e internacional. 

Os interesados en achegarse a coñecer “Reina Loba” poderán facelo durante todo o mes en horario de mércores a domingo, dende as 12,00 ás 13,45 horas e das 16,00 ás 19,00 horas pasando antes pola oficina de turismo de Monterrei. 

A sala expositiva Hospital da Trindade é un espazo que dende a oficina de turismo  queren converter nun punto de atracción artística dentro do Castelo de Monterrei. Por iso, cada mes inauguran unha mostra diferente con artistas locais, nacionais e incluso internacionais. Durante o pasado mes estivo exposta a obra do pintor Tono Lorenzo. 

Te puede interesar