Castrelo do Val ampliará o parque infantil do Terrón

As obras comezarán o mes de agosto e o prazo de execución das mesmas rematará o vindeiro 31 de outubro

O Concello de Castrelo do Val potenciará a área recreativa do Terrón cunha nova actuación consistente na mellora e ampliación do parque infantil da zona. Para esta finalidade, a Xunta de Galicia aprobou unha achega de 33.900 euros que se completará, por parte da administración local, ata os 48.000 euros. 

Dende o Goberno municipal que lidera o socialista Vicente Gómez destácase o investimento que se leva facendo nesta área. Por unha banda, no propio pavillón, onde se levou a cabo o cambio do teito grazas a unha subvención da Deputación de Ourense e, pola outra, na extensa zona verde da contorna que foi acondicionada e pavimentada mediante o Plan Hurbe. Este proxecto incluíu a ampliación desta área de lecer mediante a compra duns 500 metros de terreo por parte do Concello de Castrelo do Val. "Contouse cun orzamento moi ambicioso, uns 90.000 euros, co que puidemos executar nun proxecto que dotou de atractivo á zona, mellorando e ampliando á área recreativa da que xa goza toda a veciñanza. Tanto a pavimentación como a zona verde engaden moito máis valor a unha zona que xa contaba con boas dotacións deportivas e de uso socio-comunitario", subliñou o rexedor de Castrelo, Vicente Gómez. 

As obras para a ampliación da zona de xogos infantil de O Terrón comezará o vindeiro mes de agosto e o prazo de execución das mesmas rematará o 30 de outubro. "A zona do Terrón converterase nunha gran área de lecer con bancos, zona verde arborada, zona de xogos tradicionais e á que hai que sumarlle as melloras no propio centro multiusos e a pista de pádel", asegurou Vicente Gómez.

Te puede interesar