elección pedanía Cadeliñas

Catro mulleres representarán a outras tantas pedanías de Verín

Foi necesaria a votación en urna en tres dos núcleos de poboación por presentarse máis dun candidato

O pasado luns rematou, ca segunda volta das eleccións na pedanía de Caldeliñas, o proceso de selección do máximo presentante de cada aldea. Así, das 17 cometidas ao proceso (Vilela, Salgueiro, Mandín, Caldeliñas, Ábedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mourazos, Pazos, Queirugás, Queizás, A Rasela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores e Vilamaior) e finalizado o período de presentación das candidaturas, sete pedanías (Queirugás, Feces de Cima, Feces de Abaixo, Vilamaior, Vilela, Cabreiroá e Caldeliñas) decidiron cambiar de representante. 

Foi necesaria a votación en urna en tres dos núcleos de poboación por presentarse máis dun candidato: Feces de Abaixo, Vilamaior e Caldeliñas. En catro delas, será unha muller a que as represente: Vilela, Pazos, Queirugás e Queizás.

Te puede interesar