A comarca de Monterrei acolle en maio talleres deportivos para o autocoidado

Fachada del edificio donde se encuentra la Mancomunidad de Monterrei.
photo_camera Fachada del edificio donde se encuentra el CIM de la Mancomunidad de Monterrei.
O CIM organiza estas actividades para mulleres e nenos en Verín

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Monterrei vén de presentar o seu proxecto “Tempo para autocoidados” con actividades deportivas gratuítas para cativos e maiores. Un proxecto que, ano tras ano, realizan co obxectivo de fomentar o autocoidado entre os veciños da comarca. 

Este ano, as actividades deportivas desenvolveranse durante o mes de maio e contará con catro talleres. Os cativos poderán somerxerse no ballet infantil, comezando as clases o 15 de maio ás 17,30 horas na sala Todo Fitness de Verín. Os máis pequenos da casa tamén poderán anotarse en baile urbano, que comezará tamén o día 15 ás 18,15 horas na mesma sala deportiva. 

Para as mulleres, poderán elixir entre pilates e ximnasia restaurativa. O curso de pilates comezará o 16 de maio ás 12,00 horas no centro deportivo Higia, en Verín, mentres que a ximnasia restaurativa será no mesmo centro  e iniciarase o 18 de maio ás 12,00 horas. Todos os talleres deportivos contarán con oito sesións gratuítas.

Inscrición obrigatoria

Os interesados en sumarse a “Tempo para autocoidados” deberán anotarse  de forma presencial nas oficinas do CIM, de mércores a venres de 10,00 a 12,00 horas ou vía WhatsApp no teléfono 611 50 76 40. 

Este proxecto, subvencionado polos sete concellos da Mancomunidade de Monterrei, realizase en colaboración cos centros deportivos Sala Todo Fitness e Centros Higia para animar ás mulleres e nenos a que traballen corpo e mente mediante actividades deportivas. Neste programa poden participar todas aquelas persoas que o desexen, usuarias ou non do Centro de Información á Muller, dos sete concellos que engloba a Mancomunidade.

Te puede interesar