MONTERREI

O Concello aclara que se pode botar fariña en Verín o luns de Entroido

Tras a polémica do luns fareleiro na localidade, dende o Concello aclaran "si que se poderá botar fariña por toda a vila de Verín"

O portavoz do grupo de goberno de Verín, o nacionalista Diego Lourenzo, aclarou no día de onte e trala polémica xurdida , que o luns de Entroido "si que se poderá botar fariña por toda a vila de Verín.

Estamos a recibir moitas dúbidas de se vai a estar prohibida esa práctica nesa xornada, e dende o Concello queremos deixar moi claro que non é así". Engade o portavoz que "pretendemos o contrario, é dicir, que no Entroido de Verín se bote fariña todos os días, e non só se concentre nun deles, como se viña facendo ata o de agora".

O Concello decidiu este ano non engadir no programa a festa da fariña que se facía o luns na praza García Barbón da vila e si unha 'mascarada' infantil, aínda que sen facer unha prohibición expresa de que se repartise fariña o luns de Entroido.

Te puede interesar