Sociedad

O Concello de Verín busca unha familia de acollida

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, con cativos que participaron no programa no 2017.
photo_camera O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, con cativos que participaron no programa no 2017.
Trátase do programa "Vacacións en paz" para coidar de nenos saharauis nos meses de verán

O Concello de Verín, a través do seu departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa asociación Solidariedade galega co pobo saharaui, participará, unha vez máis, no programa "Vacacións en paz" co obxectivo de acoller nenos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf -Alxeria-. 

A administración local, que se fará cargo dos gastos de traslado dos menores, oferta dúas prazas de acollemento para familias residentes no termo municipal, quedando neste momento tan só unha vacante. O programa, no que a vila verinesa participa dende o 2004, desenvolverase nos vindeiros meses de xullo e agosto. 

O obxectivo desta medida é ofrecerlles a estos nenos nados no medio dun clima de guerra, exclusión e incerteza geo-polítca,  unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en "mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de  España e o Pobo Saharaui", tal e como subliñan dende o propio Concello de Verín. Tamén se procura, do mesmo xeito, reivindicar o dereito dos nenos saharauís a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven. 

As familias interesadas en formalizar o acollemento ou ampliar información poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos sociais do Concello de Verín [email protected], ubicado na avenida de Portugal número 11 ou chamar ao teléfono 988414776.n

Te puede interesar