Concertos e contos para o “XI Tangaraño Cultural” de Sobradelo

Exposición “As Mulleres das Capas” de Mercedes Vázquez Saavedra, en Xunqueira de Ambía.
photo_camera Exposición “As Mulleres das Capas” de Mercedes Vázquez Saavedra, en Xunqueira de Ambía.
Numerosos actos culturais desenrolaranse o 1 de xuño en Sobradelo

O “XI Tangaraño Cultural” volve con forza o día 1 de xuño. Son numerosos os actos culturais que se desenrolarán nesta undécima edición, estendéndose unha vez máis aos concellos veciños da aldea de Sobradelo.

Un ano máis, o rexedor do concello de Vilar de Barrio, Manuel Conde, xunto co alcalde Manuel Ángel Fernández, do Concello de Baños de Molgas, acollen ao Tangaraño nas súas entornas naturais o día 17 de maio co gallo das letras galegas e o día 25, ás 19,00 horas, co concerto de Perrito Piloto.

Únese ademais para esta edición, Amador Díaz, alcalde do Concello de Xinzo, onde veñen de celebrarse do “I Encontro da Palabra galaico Portuguesa”, da man da presidenta da Asociación Rochi Nóvoa Vázquez.

Será xustamente en Xunqueira de Ambia onde comecen as actividades, neste caso coa exposición “As Mulleres das Capas”, de Mercedes Vázquez Saavedra, na colexiata, a cal estará aberta ao público ate o día 17 de xuño. Este acto contará ademais coa actuación musical de Aturuxa na Colexiata e unha posterior degustación de viño.

Como di Nóvoa, son claves as institucións locais para que o Festival siga adiante e subliña que, afortunadamente, “posúen a sensibilidade necesaria para valorar a importancia destes actos a nivel cultural e social no rural, achegando a expresión cultural”.

Tanto a veciñanza, como achegados, curiosos e amantes da cultura, agardan esta cita para asistir ás diferentes actividades que o Tangaraño Cultural programa.

Concertos, contacontos, obradoiros, xogos populares, catas de mel, performance e monólogos serán as actividades estrea desta undécima edición, xunto co mercado de que acompaña toda a xornada de artesanía e proximidade, encherán a aldea de Sobradelo o vindeiro 1 de xuño.

Os Tres Pés e Spooky Velvet serán algúns dos protagonistas desta edición.

Te puede interesar