Controlados os incendios de A Mezquita e Vilardevós, tras queimar máis de 150 hectáreas

El fuego obligó a cortar la autovía en A Mezquita. (Foto: J.O.)
A Consellería de Medio Rural dá por controlados os dous incendios forestais que afectan dende esta fin de semana aos concellos ourensanos de A Mezquita e Vilardevós. Entre os dous calcinaron xa máis de 150 hectáreas.


Segundo a información proporcionada pola Xunta, o lume de A Mezquita, que se declarou ás 17.20 horas na parroquia de Pereiro, quedou controlado sobre as 00.30 horas da madrugada deste luns. Segundo as estimacións provisionais, queimou unha superficie de 45,16 hectáreas de monte raso.

Nos traballos de control deste lume participaron un técnico, tres axentes forestais, 14 brigadas, catro motobombas, unha pa, sete helicópteros e oito avións.

Por outra banda, ás 22.25 horas deste domingo quedou tamén controlado o lume que afectaba a parroquia de Vilarello de Cota, en Vilardevós. O incendio iniciouse sobre as 22.00 horas do sábado en Portugal e, posteriormente, pasou a Galicia. Segundo as primeiras estimacioes, a superficie afectada é de 106,5 hectáreas.

Nos traballos de control deste incendio participaron un técnico, 10 axentes forestais, 30 brigadas, 11 motobombas, tres pas, seis avións e oito helicópteros.

Finalmente, Medio Rural informou da extinción, as 7.00 horas deste luns, dun incendio que comezou durante a madrugada en Baltar (Ourense), na parroquia de Texós. A superficie afectada sitúase nas 25 hectáreas.

Te puede interesar