Plan de Humanización

Verín, tras su "gran pulmón verde"

árboles verín
photo_camera A avenida de Castilla, renovada e con zonas verdes. (Foto: cedida).

A dotación de zonas verdes entra dentro do Plan de Humanización da vila

Dende o ano 2015, o Concello de Verín leva plantado na vila máis de 2.000 árbores, dentro do seu Plan de Humanización, que comezou tamén nese mesmo ano.

Este proxecto continúa actualmente con diversas actuacións en activo, tales como a creación do "gran pulmón verde" de Verín -situado en Fontenova-, a optimización do sistema de saneamento da vila ou as labores de mellora da vexetación de ribeira do río Támega, entre outras. 

Dende a casa consistorial do municipio recordan que "a incorporación de árbores nas zonas verdes e as rúas das cidades é fundamental para manter unha calidade do aire adecuada e mellorar o benestar dos seus habitantes".

Así, o grupo de goberno aposta por estas zonas verdes, que "contribúen a facer que as cidades sexan socio-económica e ambientalmente máis sostibles".

Te puede interesar