O documental "Os cesteiros de Mondariz" chega a Verín

auditorio de verín (c.c.)
photo_camera Imagen de archivo del Auditorio de Verín. (Foto: C.C.).
A proxección realizarase no Auditorio Municipal de Verín

Despois da súa exitosa estrea en véspera da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz, o documental "Os cesteiros de Mondariz", sobre a tradición cesteira da localidade será presentado en varios concellos galegos atravesados por rutas xacobeas.

A primeira proxección itinerante fóra de Mondariz será no Auditorio de Verín o día 20 de agosto, ás 20,00 horas, para o que haberá entrada libre ata completar o aforo.

A xira de presentación servirá para dar a coñecer a tradición cesteira de Mondariz e promover o intercambio cultural sobre os oficios artesáns dende a memoria pero cunha decidida visión de futuro. 

Tras o seu visionado en Verín, viaxa a Allariz o 27 de agosto, a Arzúa o 3 de setembro, a Rianxo o 10 de setembro, a Redondela o 17 de setembro e a Porriño o 1 de outubro. 

Te puede interesar