A actuación terá un orzamento de 40.000 euros
Un orzamento de 40.000 euros permitirá renovar o abastecemento da localidade de Vilaza. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o rexedor do municipio, José Luis González, asinaron onte un convenio que permitirá acometer estas melloras nos vindeiros meses.
"Trátase dunha actuación necesaria e importante para o municipio de Monterrei, que foi demandada polo seu alcalde no seu momento e que, polo tanto, está recollida nos orzamentos deste presente 2019, aprobados na sesión plenaria do pasado mes de setembro, o que nos permite traballar coas nosas máximas: previsión, planificación e cooperación, para a mellora da calidade dos servizos que se prestan aos nosos veciños", manifestou o presidente da Deputación.