Día internacional do libro infantil e xuvenil na biblioteca de Verín

O vindeiro martes 2 de abril, de 18,00 a 19,30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que nesta ocasión deberán estar acompañados do pai ou nai. Consistirá na realización de contacontos e manualidades destinadas a recordar esta efeméride, e na que tamén se busca que os máis pequenos compartan unha xornada cos seus pais nestas instalacións municipais. A actividade será coordinada por nenos voluntarios, de entre 11 e 16 anos.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Te puede interesar