Exposición Nós

Diego Lourenzo: "Nós é unha parte fundamental da nosa propia historia"

Maribel Outeiriño, comisaria da exposición "Nós naceu en Ourense hai 100 anos", que este xoves chegou as rúas de Verín, pon en valor a ilustres ourensáns

O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolleu este xoves a presentación da exposición "Nós naceu en Ourense hai 100 anos", encabezada por Maribel Outeiriño, comisaria da exposición, que estivo acompañada por Fernando González Macías, subdirector de La Región, e Diego Lourenzo, tenente alcalde do Concello de Verín.

Na presentación, Maribel Outeiriño quixo remarcar o importante papel dos persoeiros que formaron a Xeración Nós e a Revista, a cal comezou a imprimirse en La Región. 

Así, nunha conferencia que percorreu dende os comezos da cidade de Ourense ata o "afán de modernidad y la curiosidad de estos personajes" ourensáns, Outeiriño salientou que "tiene mucho mérito el trabajo de estos hombres, que fue uno de los fenómenos más importantes de la cultura gallega del siglo XX".

Asemade, Diego Lourenzo fixo fincapé en que "somos uns afortunados por ter espellos onde mirarnos, a Xeración Nós é un espello moi importante" e animou aos veciños da vila do Támega a visitar a mostra xa que "é necesario coñecer a nosa historia e Nós é unha parte fundamental da historia do noso país e do que somos".

A exposición, composta por nove cubos que permiten realizar unha viaxe pola propia historia cultural de Ourense e de Galicia, recolle un compendio de imaxes, ilustracións, textos e datos históricos que dan forma a dita mostra.

VERÍN 18/03/2021.- Presentación de la exposición Nós en Verín. José Paz

Exposición na rúa Lisa. (Foto: José Paz).

"Animo a la gente a que vea la exposición, son cubos muy amenos, procuré darle un tono didáctico sin bajar el nivel para que todo el mundo los pueda disfrutar", asegura Maribel Outeiriño, que considera que "cualquier ourensano, sea de donde sea, tiene que sentirse orgulloso de lo que este grupo de ourensanos hicieron", subrayó.

A exposición, organizada por La Región e co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e Coren, poderá desfrutarse na rúa Lisa de Verín ata o 5 de abril.

"Nós naceu en Ourense hai cen anos" xa pasou pola cidade e outros concellos da provincia como Xinzo de Limia ou Allariz, e tras esta parada en Verín continuará o seu percorrido por lugares como O Carballiño ou O Barco de Valdeorras.

Te puede interesar